Carricanta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
LucienBOT (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (bot Engadido: eu:Txitxar
Sen resumo de edición
 
(Non se amosan 21 revisións feitas por 13 usuarios.)
Liña 1:
[[Ficheiro:Cicada (100 2702).jpg|thumbminiatura|250px|Carricanta.]]
Cos nomes de '''carricanta''', '''chicharra''', '''cigarra''' ou '''chicharracantariña'''<ref>{{DRAG|carricanta}}</ref> desígnanse colectivamente uns [[insecto]]s da [[familia (bioloxía)|familia]] ''Cicadidae'', pertencente á [[orde (bioloxía)|orde]] ''[[Hemípteros|Hemiptera]]''. A súa distribución abarca climas temperados e tropicais, en tódolos continentes excepto a [[Antártida]].
 
== Descrición ==
As carricantas miden entre 15 e 65 milímetros de lonxitude. Posúen un longo ''rostro'' que lles permite perfora-la casca das [[árbore]]s e outras plantas para se alimentaren do zume. Tamén se distinguen pola cabeza ancha e os ollos grandes e avultados.
 
Presentan catro ás transparentes ou translúcidas, as anteriores grandes e moi visibles, e as posteriores máis pequenas ocultas cando non están voando; nas ás mostran numerosas veas e unha serie de puntos negros. Cando están en repouso, as ás adoptan unha posición de tellado sobre o dorso.
 
Caracterízanse polo ''canto'' que emiten os machos para atraeren as femias, un son intenso e monótono, repetido, producido polo chamado aparato estridulario, situado latero-ventralmente no primeiro segmento abdominal e constituído por membranas [[quitina|quitinosas]] chamadas ''timbais'' e sacos con aire que funcionan a modo de caixas de resonancia. Este son non é propiamente unha [[estridulación]]. Cada especie emite un son propio característico. Aínda que este son pode ser emitido a calquera hora do día (son especies de hábitos diúrnos), é máis intenso e frecuente ó solpor e ó amencer.
 
== Ciclo biolóxico ==
Presentan un desenvolvemento completo que dura de 2 a 17 anos, segundo a especie, se ben a vida adulta só é de 1-2 semanas, o tempo necesario para se reproduciren.
 
En liñas xerais, as femias poñen os ovos e morren ó pouco. A posta realízase mediante un oviscapto, co que depositan os ovos baixo a casca, en número de ata 300. As larvas nacen no outono, transfórmanse en ninfas e caen ó chan, penetrando na terra grazas ó primeiro par de extremidades anteriores, adaptadas á escavación. Nestas galerías subterráneas permanecen durante anos, alimentándose do zume das raíces. Chegado o momento da muda, saen da terra e soben ás árbores, en maio-xuño, onde [[muda (bioloxía)|mudan]] a [[imago]] e logo a exemplares adultos, desenvolvendo as ás e o aparato xenital.
 
O apareamento ten lugar durante os meses de verán, variando moito segundo a especie e a rexión xeográfica.
Liña 20:
 
== A carricanta na cultura popular ==
[[Ficheiro:La cigale et la fourmi.jpg|thumbminiatura|250px|Ilustración das fábulas de La Fontaine.]]
A carricanta e a [[formiga]] son os protagonistas dunha afamada [[fábula]] atribuída a [[Esopo]] que logo foi recreada por [[Jean de la Fontaine|La Fontaine]] e, despois, por [[Félix María Samaniego|Samaniego]].
 
Na literatura oral galega ten moi pouca representación:
* Manterse do resío coma as chicharras: non comer a penasapenas.
 
=== Refraneiro ===
Liña 36:
* [http://pierre.guilhaumon.free.fr/beaurec/cigale/cigale2.htm Imaxes da metamorfose da carricanta]
* [http://www.botanical-online.com/animales/cigarra.htm Descrición e fotografías]
* [https://web.archive.org/web/20100723013424/http://www.bibliotecasvirtuales.com/biblioteca/literaturainfantil/fabulas/lacigarraylahormiga.asp A fábula da carricanta e a formiga]
* [http://www.cicadas-pictures.com/espaniol/cicadas_facts.htm www.cicadas-pictures.com]
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Insectos]]
 
[[ar:زيز]]
[[ca:Cicàdid]]
[[cdo:Ă-cì]]
[[cs:Cikády]]
[[da:Cikade]]
[[de:Singzikaden]]
[[el:Τζιτζίκι]]
[[en:Cicada]]
[[eo:Olecikado]]
[[es:Cicadidae]]
[[eu:Txitxar]]
[[fa:زنجره]]
[[fi:Laulukaskaat]]
[[fr:Cicadidae]]
[[gan:借落子]]
[[gn:Ñakyrã]]
[[ht:Sigal]]
[[hu:Kabócák]]
[[id:Tonggeret]]
[[io:Cikado]]
[[it:Cicadidae]]
[[ja:セミ]]
[[ko:매미]]
[[la:Cicadidae]]
[[lt:Giedančios cikados]]
[[ms:Reriang]]
[[no:Sangsikader]]
[[nv:Wóóneeshchʼįįdii]]
[[oc:Cicadidae]]
[[pl:Cykadowate]]
[[pt:Cigarra]]
[[ru:Цикады]]
[[sc:Cicadidae]]
[[sg:Mokérélô]]
[[simple:Cicada]]
[[sl:Škržati]]
[[su:Turaés]]
[[sv:Cikador]]
[[th:จักจั่น]]
[[tl:Kuliglig (Cicadidae)]]
[[tr:Ağustos böceği]]
[[uk:Цикади]]
[[vi:Ve sầu]]
[[zh:蝉]]
[[zh-min-nan:Siân]]