Carricanta: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m r2.6.4) (Bot: Engado: my:ပုစဉ်းရင်ကွဲ |
Sen resumo de edición |
||
(Non se amosan 11 revisións feitas por 7 usuarios.) | |||
Liña 1:
[[Ficheiro:Cicada (100 2702).jpg|
Cos nomes de '''carricanta''', '''chicharra''', '''cigarra''' ou '''
== Descrición ==
As carricantas miden entre 15 e 65 milímetros de lonxitude. Posúen un longo ''rostro'' que lles permite perfora-la casca das [[árbore]]s e outras plantas para se alimentaren do zume. Tamén se distinguen pola cabeza ancha e os ollos grandes e avultados.
Presentan catro ás transparentes ou translúcidas, as anteriores grandes e moi visibles, e as posteriores máis pequenas ocultas cando non están voando; nas ás mostran numerosas veas e unha serie de puntos negros. Cando están en repouso, as ás adoptan unha posición de tellado sobre o dorso.
Caracterízanse polo ''canto'' que emiten os machos para atraeren as femias, un son intenso e monótono, repetido, producido polo chamado aparato estridulario, situado latero-ventralmente no primeiro segmento abdominal e constituído por membranas [[quitina|quitinosas]] chamadas ''timbais'' e sacos con aire que funcionan a modo de caixas de resonancia. Este son non é propiamente unha [[estridulación]]. Cada especie emite un son propio característico. Aínda que este son pode ser emitido a calquera hora do día (son especies de hábitos diúrnos), é máis intenso e frecuente ó solpor e ó amencer.
== Ciclo biolóxico ==
Presentan un desenvolvemento completo que dura de 2 a 17 anos, segundo a especie, se ben a vida adulta só é de 1-2 semanas, o tempo necesario para se reproduciren.
En liñas xerais, as femias poñen os ovos e morren ó pouco. A posta realízase mediante un oviscapto, co que depositan os ovos baixo a casca, en número de ata 300. As larvas nacen no outono, transfórmanse en ninfas e caen ó chan, penetrando na terra grazas ó primeiro par de extremidades anteriores, adaptadas á escavación. Nestas galerías subterráneas permanecen durante anos, alimentándose do zume das raíces. Chegado o momento da muda, saen da terra e soben ás árbores, en maio-xuño, onde [[muda (bioloxía)|mudan]] a [[imago]] e logo a exemplares adultos, desenvolvendo as ás e o aparato xenital.
O apareamento ten lugar durante os meses de verán, variando moito segundo a especie e a rexión xeográfica.
Liña 20:
== A carricanta na cultura popular ==
[[Ficheiro:La cigale et la fourmi.jpg|
A carricanta e a [[formiga]] son os protagonistas dunha afamada [[fábula]] atribuída a [[Esopo]] que logo foi recreada por [[Jean de la Fontaine|La Fontaine]] e, despois, por [[Félix María Samaniego|Samaniego]].
Na literatura oral galega ten moi pouca representación:
* Manterse do resío coma as chicharras: non comer
=== Refraneiro ===
Liña 36:
* [http://pierre.guilhaumon.free.fr/beaurec/cigale/cigale2.htm Imaxes da metamorfose da carricanta]
* [http://www.botanical-online.com/animales/cigarra.htm Descrición e fotografías]
* [https://web.archive.org/web/20100723013424/http://www.bibliotecasvirtuales.com/biblioteca/literaturainfantil/fabulas/lacigarraylahormiga.asp A fábula da carricanta e a formiga]
* [http://www.cicadas-pictures.com/espaniol/cicadas_facts.htm www.cicadas-pictures.com]
{{Control de autoridades}}
[[Categoría:Insectos]]
|