Catarina Parr: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nonso91 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Nonso91 (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 37:
|lema =
}}
 
 
'''Catarina Parr''' (ela asinaba as súas cartas coma "Kateryn"; 1512 - 5 de setembro de 1548{{sfn|James|2009|p=294}}<ref>A tumba de Catarina Parr no castelo de Sudeley ten unha placa que di a data da súa morte é o 5 setembro de 1548. A inscrición provén dunha placa de chumbo que se atopa no seu ataúde.</ref>) foi raíña de Inglaterra e Irlanda coma a derradeira das seis esposas do rei [[Henrique VIII]] desde o seu matrimonio o 12 de xullo de 1543 até a morte de Henrique o 28 de xaneiro de 1547. Catarina foi a derradeira raíña consorte da [[Casa de Tudor]], e sobreviviu a Henrique por un ano e oito meses. Con catro maridos, é a raíña inglesa máis casada. Foi a primeira muller en publicar unha obra orixinal so o seu propio nome, en inglés, en Inglaterra.
Liña 50 ⟶ 49:
== Traxectoria ==
=== Infancia e mocidade ===
 
Catarina Parr era a filla máis vella de Sir Thomas Parr, señor do pazo de Kendal en Westmorland (agora en [[Cumbria]]), e Maud Green, filla e co-herdeira de Sir Thomas Green, señor de Greens Norton, Northamptonshire, e Joan Fogge. Como [[Ana Bolena]], Catarina fora criada coma católica, mais nalgún momento converteuse para o protestantismo. Sir Thomas Parr era descendente do rei [[Eduardo III de Inglaterra|Eduardo III]], e os Parrs eran unha familia sobranceira do norte que incluía moitos [[cabaleiro|cabaleiros]]. Catarina tiña un irmán máis novo, Guillerme, que logo de moita lea foi criado coma primeiro marqués de [[Northampton]], e unha irmá máis nova, Ana, máis tarde condesa de [[Pembroke]]. Sir Thomas era un compañeiro próximo do rei Henrique VIII, e recompensóuselle como tal con responsabilidades e/ ou rendimentos das súas posicións coma [[shériff]] de [[Northamptonshire]], Mestre dos Gardiáns e Controlador do Rei, alén de ser o señor de [[Kendal]]. A nai de Catarina era unha amiga próxima e dama de compañía de [[Catarina de Aragón]], e Catarina Parr probabelmente recibiu o nome da raíña Catarina, que era a súa madriña.{{sfn|Porter|2011|p=25}}
 
Liña 58 ⟶ 56:
 
==== Primeiro matrimonio ====
 
En [[1529]], cando ela tiña dezasete anos, Catarina casou con Sir Edward Burgh (pronunciado e ás veces escrito como Borough), un neto de Edward Burgh, segundo Barón Burgh.{{sfn|Porter|2011|p=46}} As biografías anteriores tiñan erradamente relatado que Catarina casara co irmán Burgh máis vello.{{sfn|Mosley 1|2003|p=587}} Na secuencia da morte do 2º Barón Burgh en decembro de [[1528]], o sogro de Catarina, Sir Thomas Burgh, foi convocado para o Parlamento en 1529 coma Barón Burgh.{{sfn|Porter|2011|p=52}}
 
O primeiro marido de Catarina tiña vinte e poucos anos e pode ter tido problemas de saúde. El serviu coma feudatario para Thomas Kiddell e coma un xuíz de paz. Seu pai tamén garantiu unha patente conxunta en supervivencia con seu fillo para o cargo de mordomo da mansión da xurisdición de Soke de Kirton en Lindsey. O novo Sir Edward Burgh morreu na primavera de 1533, non sobrevivindo para herdar o título de Barón Burgh.{{sfn|James|2009|pp=60–63}}{{sfn|Porter|2011|p=56}}
 
==Lady Latimer (1534–1543)==
Após a morte do seu primeiro marido, Catherine Parr pode ter pasado algún tempo coa viúva Lady Strickland, Katherine Neville, que era a viúva do curmán de Catherine, Sir Walter Strickland, na residencia da familia Stricklands no Castelo Sizergh em Westmorland (agora en Cumbria). No verán de [[1534]], Catarina casou, en segundo lugar, con John Neville, 3º Barón Latimer, curmán de segundo grao de seu pai e parente de Lady Strickland. Con este voda, Catarina converteuse apenas na segunda muller da familia Parr a casar cun lord. [22]
 
Latimer dúas veces viúvo tiña o dobro da idade de Catarina. Do seu primeiro casamento con Dorothy de Vere, irmá de John de Vere, 14.º Conde de Oxford, el tivo dous fillos, John e Margaret. A pesar de Latimer estar en dificultades financeiras despois que el e os seus irmáns entraron cunha acción legal para reivindicaren o título de Conde de Warwick, Catarina agora tiña unha casa de seu, un título e un marido cunha posición e influencia no norte. [22]
 
== Véxase tamén ==