Briareo

personaxe da mitoloxía grega
Revisión feita o 22 de novembro de 2007 ás 08:23 por XoseBot (conversa | contribucións) (Category->Categoría)

Do grego "forza".

Hecatónquiro, xigante de cen brazos e cincuenta cabezas, fillo de Urano e Gaia,e irmán de Coto e Gixes. Liberados por Zeus da prisión de Urano e Cronos, axudárono na Titanomaquia. Nesta batalla, foi chamado por Thetis para liberar a Zeus das cadeas de Hera, Atenea e Poseidón.

Casou con Cimopolea, e construíron o seu palacio no río Océano, tiveron unha filla chamada Oiolica.