Saltar ao contido

Cleopatra VII: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
RedBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Modifico: hu:VII. Kleopátra
EmausBot (conversa | contribucións)
Liña 75: Liña 75:
[[da:Kleopatra 7.]]
[[da:Kleopatra 7.]]
[[de:Kleopatra VII.]]
[[de:Kleopatra VII.]]
[[el:Κλεοπάτρα Ζ' της Αιγύπτου]]
[[el:Κλεοπάτρα Ζ΄ της Αιγύπτου]]
[[en:Cleopatra VII]]
[[en:Cleopatra VII]]
[[eo:Kleopatra]]
[[eo:Kleopatra]]

Revisión como estaba o 18 de xullo de 2012 ás 01:09

Cleopatra Filopator Nea Thea, Cleopatra VII, nada contra o ano 69 a.C. e falecida o 12 de agosto do 30 a.C., foi a última raíña de Exipto, da dinastía helénica dos Ptolomeo, aquela que creou Ptolomeo I Sóter, xeneral de Alexandre Magno.

Traxectoria

Era filla de Cleopatra V Trifea I e de Ptolomeo XII Auletes, a quen herdou no trono á idade de 17 anos, xunto co seu irmán Ptolomeo XIII (que contaba tan só con 12 anos), que sería o seu esposo, segundo requirimento das leis de reinado e sucesión do momento. Cleopatra é un nome grego que significa «o orgullo do seu pai».

Comezos do reinado

Cleopatra tiña varios irmáns: Berenice IV e Cleopatra VI como irmás maiores (ambas reinaron en vida do seu pai, ao cal expulsaran do reino), unha irmá menor chamada Arsínoe IV e dous irmáns menores chamados Ptolomeo XIII e Ptolomeo XIV. A educación de todos eles foi puramente grega, segundo costume ptolemaico. Cleopatra foi o primeiro membro desta dinastía que aprendeu a falar o idioma exipcio; mais non só coñecía este idioma senón tamén o grego, o hebreo, o sirio e o arameo e talvez tamén o latín. Aprendeu así mesmo literatura, música, ciencias políticas, matemáticas, astronomía e medicina. Ademais tiña fama de ser unha muller moi bela e de modais doces e educados.

Aos tres anos do seu reinado, o seu irmán Ptolomeo aconsellado polos seus asesores Pothinus e Achelas expulsou a súa irmá do trono e obrigouna ao exilio en Siria. Desde esta rexión Cleopatra pretendeu recuperar o trono, reunindo un bo exército para este fin, mais realmente non conseguiu nada até a chegada a Alexandría de Xulio César no ano 48 a.C.. Un ano máis tarde, no 47, Ptolomeo XIII morreu en combate e Xulio César proclamou a Cleopatra raíña absoluta de Exipto e ademais obrigouna a casar de novo co seu outro irmán menor, que tiña 12 anos e que sería Ptolomeo XIV.

Como consecuencia da loita no mar entre a armada romana e a grega declarouse un grande incendio que chegou á cidade de Alexandría e o resultado final foi a perda de moitos e importantes edificios, entre outros o famoso Museo coa súa biblioteca.

Xulio César e Marco Antonio

Xa vimos como a familia real de Cleopatra desencadeara unha guerra civil entre os seus membros. Xulio César chegou a Exipto como xeneral romano para resolver esa cuestión e foi entón cando se deu a batalla no mar e o incendio de Alexandría. Despois de asegurar a Cleopatra no trono exipcio e casala co que foi Ptolomeo XIV (o seu irmán menor), Xulio César regresou a Roma. Mais Cleopatra decidiu seguirlo, para o cal se preocupou de deixar no reino un goberno seguro. En Roma viviu como concubina de César e alí naceu o seu fillo (que se supón o era tamén de Xulio César) ao que chamaron Cesarión. No ano 44 a.C. sucedeu o asasinato de César, proxectado e executado por un grupo de familias senatoriais republicanas que vían nel a ambición dun futuro rei, cousa que odiaban. Despois da súa morte, Cleopatra regresou co seu fillo a Exipto; dise que mandou envenenar o seu irmán, o rei Ptolomeo XIV, e que converteu a Cesarión en co-rexente.

Marco Antonio era un xeneral e político romano, amigo de Xulio César, que fora comandante xefe no seu exército. A raíz do asasinato deste, perseguiu os culpábeis, Marco Bruto e Caio Casio e ademais soubo enfrentar o pobo romano contra eles e soubo gañar o apoio e a inclinación das xentes a favor del. Ao xurdir outros dous rivais, formaron un triunvirato. Desencadeouse desta maneira unha guerra civil entre os partidarios do triunvirato e os seguidores republicanos. Marco Antonio chamou na súa axuda a reina Cleopatra, para que acudira coas súas naves a Tarso na actual Turquía, mais a reina negouse a que Exipto entrara nunha guerra civil dos romanos. Marco Antonio decidiu entón viaxar a Exipto para falar directamente coa soberana e pedirlle explicacións. O resultado desta viaxe foi que ambos os personaxes se namoraron e que Marco Antonio decidiu quedar en Exipto ao lado de Cleopatra. Mais os asuntos de Roma reclamábano e no ano 40 a.C. tivo que regresar á capital do imperio. Alí cumpriu coa promesa de casar con Octavia, irmá de Caio César Octavio Augusto, o futuro primeiro emperador de Roma e sobriño neto de Xulio César. Octavio (que así se chamaba por aquel entón) era gran amigo de Marco Antonio, aínda que co tempo e os acontecementos, esta amizade veuse truncada.

Tras a marcha de Marco Antonio a Roma, Cleopatra deu a luz dous nenos xemelgos. No ano 36 a.C., Marco Antonio viaxou cunha expedición a Oriente para loitar contra os partos. Cleopatra reuniuse alí con el e alí tiveron o seu terceiro fillo. A campaña tivo un tal éxito que decidiron celebralo en Alexandría onde se quedaron a vivir, até que no ano 32 a.C., Octavio declarou a guerra a ambos, sublevou o pobo romano contra a má conduta de Marco Antonio e este divorciouse oficialmente de Octavia. Deuse entón a batalla de Accio, no 31, que foi un desastre para Marco Antonio e a flota de Cleopatra. Despois desta derrota e enganado por un falso informe sobre a morte de Cleopatra, Marco Antonio suicidouse deixándose caer sobre a súa propia espada.

Morte de Cleopatra

Octavio (o futuro emperador Augusto) acusara no ano 32 publicamente a Cleopatra de varios cargos moi graves: maxia, incesto, luxuria, adoración de ídolos animais… poñendo desta maneira na súa contra tanto o senado romano como toda a poboación. Dicíase que a mala conduta de Marco Antonio debíase aos embruxos desta raíña.

Os planos de Octavio eran tomar a raíña como prisioneira e levala a Roma para así demostrar a súa superioridade e a súa vitoria, mais non foi posíbel, xa que vendo o seu futuro como escrava talvez no seu propio país onde fora soberana, Cleopatra elixiu morrer e tomou a decisión de suicidarse. Pediulles ás súas criadas Iras e Charmion que lle trouxeran unha cesta con froitas e que meteran dentro unha cobra exipcia, o famoso áspide, responsábel da súa morte. Antes de morrer escribiu unha misiva a Octavio en que lle comunicaba o seu desexo de ser enterrada xunto a Marco Antonio.

Os fillos de Cleopatra

Despois da batalla de Accio e temendo o peor, Cleopatra quixo mandar o seu fillo Cesarión lonxe de Exipto cara o sur, mais foi traizoado polo seu profesor particular, Rhodon, e foi asasinado por orde de Octavio.

Despois da morte de Cleopatra, os seus outros fillos foron levados a Roma e criados pola esposa de Octavio. Cleopatra Selene casou co rei Xuba II de Mauritania e tiveron un fillo ao que chamaron Ptolomeo e que herdou o reino do seu pai no ano 23 a.C., até que o emperador Calígula o mandou matar corenta anos máis tarde. De Alexandre Helios e Ptolomeo Filadelfo non se sabe ben o seu paradoiro, aínda que se cre que se foron a vivir a Mauritania xunto coa súa irmá.

O tema de Cleopatra

A súa vida e a súa morte, así como os seus amores cos dous personaxes romanos, Xulio César e Marco Antonio, serviron de inspiración a través dos tempos a literatos e cineastas. As obras máis famosas son Cleopatra e Marco Antonio (1606), de William Shakespeare, Todo por amor (1678), do autor teatral inglés John Dryden e César e Cleopatra (1901) de George Bernard Shaw. O cine deu a famosa película Cleopatra, protagonizada pola actriz Elizabeth Taylor.

En total, entre os anos 1540 e 1905, escribíronse: 200 obras de teatro, 5 óperas, 5 ballets, incluso un dos cómics do popular Asterix o galo estaba dedicado a ela e a súa historia Asterix e Cleopatra. Realizáronse pinturas e esculturas (Tépolo, Regnault, etc.). Os cineastas Méliès Mankiewicz e Cecil B. De Mille dedicáronlle boas producións. No 2001 o Museo Británico dedicoulle unha exposición e con ese marco houbo un interesante debate sobre a súa beleza. E ademais de todo isto, existe unha marca de cigarros que leva o seu nome.

Curiosidades

Na universidade de Beiging produciuse o sorprendente descubrimento dunha lousa coa figura de Cleopatra en relevo vestida de home. É a terceira imaxe da reina exipcia que aparece baixo esta roupaxe, o que fai pensar aos investigadores na súa razón de ser. Algúns afirman que as raíñas exipcias se vestían de home para aumentar o efecto do seu poder a través da masculinidade. Segundo outros, Cleopatra aparece vestida de home pola simple preguiza dos artistas que realizaron os gravados.

No ano 2007 fixose pública a descuberta da posible tumba de Cleopatra e Marco Antonio en Tabusiris Magna, un templo afundido baixo o mar a 30 quilómetros de Alexandría.

Bibliografía

Véxase tamén

Outros artigos

Modelo:Link FA Modelo:Link FA