Saltar ao contido

Ayer: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sen resumo de edición
Imxavitooh (conversa | contribucións)
m Imxavitooh moveu a páxina "Aller" a "Ayer": Nome oficial en asturiano
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 7 de marzo de 2016 ás 18:25

Véxase tamén: Ramón María Aller Ulloa.

Modelo:Cidade

Río Aller

Aller (en asturiano Ayer) é un concello da comunidade autónoma do Principado de Asturias en España. Limita ao norte con Mieres, ao sur coa provincia de León, ao leste con Laviana, Caso e Sobrescobio e ao oeste con Lena. Ten unha poboación de 12.136 habitantes.

Cruzado polo río do mesmo nome, forma parte xunto cos concellos de Lena e Mieres da conca mineira do Caudal. A súa principal actividade económica foi a minería do carbón, especialmente na parte baixa do val, compaxinada coa agricultura e a gandería. O curso baixo do río Aller, preto da súa confluencia co Caudal, forma un val profundo entre empinadas ladeiras cubertas de bosques. Dominan a paisaxe as torres dos pozos de carbón e as edificacións dos pobos mineiros.

Río arriba chégase a Cabañaquinta, capital do concello desde 1869, pasada a cal a paisaxe transfórmase paulatinamente nun val de alta montaña que culmina no porto de San Isidro (1.520 m), límite de Asturias con León. A beleza desta paisaxe e a atracción da leonesa estación de esquí no porto supuxeron un espectacular crecemento do sector turístico nos últimos anos, destacando a localidade de Felechosa, a 13 km do alto.

Entre as belezas naturais atópanse as Fouces do Piñeiro e as do Aller, profundas gargantas escavadas por estes ríos na calcaria de montaña. Ademais, o concello ofrece unha gran variedade de rutas que seguen os camiños dos pastores tradicionais desde os pobos do fondo dos vales ata as fermosas brañas imposibles de adiviñar desde abaixo.

Tamén se pode acceder a cumes emblemáticos como o Torres (2.100 m), o Toneo, Pena Redonda, o Retriñón, Pena Mea...

Véxase tamén

Ligazóns externas