Saltar ao contido

Henri Milne-Edwards: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Henri Milne-Edwards (1800 - 1885).jpg|miniatura|280px|Retrato de Henri Milne-Edwards na década de 1860.]]
[[Ficheiro:Henri Milne-Edwards (1800 - 1885).jpg|miniatura|280px|Retrato de Henri Milne-Edwards na década de 1860.]]


'''Henri Milne-Edwards''' (tamén coñecido como '''Henri Milne Edwards'''),<ref>Orixinalmente, Milne era un dos nomes de Henri. Para evitar ser confundido cos membros da súa importante familia, el agregou este nome ao seu apelido, como Milne Edwards (sen guión). O seu fillo Alphonse sempre usou o apelido Milne-Edwards (con guión). Esta situación ás veces conduce a confusión, especialmente debido a que os autores anglosaxóns (e doutras linguas, debido á influencia do inglés na literatura científica) moi a miúdo chámano Henri Milne-Edwards. Para distiguir a ambos os autores empréganse nas publicacións as abreviaturas '''Milne-Edwards''' para o pai e '''A. Milne-Edwards''' (en zooloxía) e '''Milne-Edw.''' (en botánica), para o fillo.</ref> nado en [[Bruxas]] o [[23 de outubro]] de [[1800]] e finado en [[París]] o [[29 de xullo]] de [[1885]], foi un [[médico]] e [[zoólogo]] [[Francia|francés]].
'''Henri Milne-Edwards''', tamén coñecido como '''Henri Milne Edwards'''<ref>Orixinalmente, Milne era un dos nomes de Henri. Para evitar ser confundido cos membros da súa importante familia, el agregou este nome ao seu apelido, como Milne Edwards (sen guión). O seu fillo Alphonse sempre usou o apelido Milne-Edwards (con guión). Esta situación ás veces conduce a confusión, especialmente debido a que os autores anglosaxóns (e doutras linguas, debido á influencia do inglés na literatura científica) moi a miúdo chámano Henri Milne-Edwards. Para distiguir a ambos os autores empréganse nas publicacións as abreviaturas '''Milne-Edwards''' para o pai e '''A. Milne-Edwards''' (en zooloxía) e '''Milne-Edw.''' (en botánica), para o fillo.</ref>, nado en [[Bruxas]] o [[23 de outubro]] de [[1800]] e finado en [[París]] o [[29 de xullo]] de [[1885]], foi un [[médico]] e [[zoólogo]] [[Francia|francés]]. Foi o pai do tamén zoólogo [[Alphonse Milne Edwards]].

Foi o pai do tamén zoólogo [[Alphonse Milne Edwards]].


== Traxectoria ==
== Traxectoria ==
Naceu en [[Bruxas]] —que daquela formaba parte de [[Francia]] o [[23 de outubro]] de [[1800]]. Foi o fillo menor do [[Inglaterra|inglés]] William Edwards (o 27, ou o 28, ou segundo as fontes, o 29), que era un rico plantador de [[Xamaica]], e da súa segunda esposa Elisabeth Vaux, [[Francia|francesa]]. O mozo Henri foi educado polas súas irmás e polos seus irmáns maiores.
Naceu en [[Bruxas]], que daquela formaba parte de [[Francia]], o [[23 de outubro]] de [[1800]]. Foi o fillo menor do [[Inglaterra|inglés]] William Edwards (o 27, ou o 28, ou segundo as fontes, o 29), que era un rico plantador de [[Xamaica]], e da súa segunda esposa Elisabeth Vaux, [[Francia|francesa]]. O mozo Henri foi educado polas súas irmás e polos seus irmáns maiores.


O seu pai axudou aos [[Gran Bretaña|británicos]] a reunir a illa co [[Reino Unido]], e foi arrestado polas tropas de [[Napoléon Bonaparte| Napoleón]]. Henri Milne-Edwards foi entón levado a [[París]] polo seu irmán maior William Edwards, [[médico]].
O seu pai axudou aos [[Gran Bretaña|británicos]] a reunir a illa co [[Reino Unido]], e foi arrestado polas tropas de [[Napoléon Bonaparte| Napoleón]]. Henri Milne-Edwards foi entón levado a [[París]] polo seu irmán maior William Edwards, [[médico]].


A caída de Napoleón permite a liberación do seu pai e a familia reúnese en Paris. Henri estudou [[medicina]]. Durante os seus estudos gañóu unha reputación de trouleiro. [[Stendhal]] chamouno «Irmán Brandy» e dixo del que era «un mal suxeito cos seus rizos loiros e os seus belos ollos divagantes» e «moi alegre, moi valente e mesmo cunha alma nobre, cando non estaba ofuscada por cincuenta copas de augardente».<ref>Stendhal, ''Souvenirs d'égotisme'', capítulo 9.</ref>
A caída de Napoleón permite a liberación do seu pai e a familia reúnese en París. Henri estudou [[medicina]]. Durante os seus estudos gañóu unha reputación de trouleiro. [[Stendhal]] chamouno «Irmán Brandy» e dixo del que era «un mal suxeito cos seus rizos loiros e os seus belos ollos divagantes» e «moi alegre, moi valente e mesmo cunha alma nobre, cando non estaba ofuscada por cincuenta copas de augardente».<ref>Stendhal, ''Souvenirs d'égotisme'', capítulo 9.</ref>


Porén, recibiu o seu [[medicina|doutorado en medicina]] en [[1823]] e o mesmo ano casou con Laura Trézel, con quen tivo nove fillos, entre eles a [[Alphonse Milne-Edwards]] (1835-1900), que tamén sería [[zoólogo]].
Porén, recibiu o seu [[medicina|doutorado en medicina]] en [[1823]] e o mesmo ano casou con Laura Trézel, con quen tivo nove fillos, entre eles a [[Alphonse Milne-Edwards]] (1835-1900), que tamén sería [[zoólogo]].

Revisión como estaba o 7 de xuño de 2016 ás 19:07

Retrato de Henri Milne-Edwards na década de 1860.

Henri Milne-Edwards, tamén coñecido como Henri Milne Edwards[1], nado en Bruxas o 23 de outubro de 1800 e finado en París o 29 de xullo de 1885, foi un médico e zoólogo francés. Foi o pai do tamén zoólogo Alphonse Milne Edwards.

Traxectoria

Naceu en Bruxas, que daquela formaba parte de Francia, o 23 de outubro de 1800. Foi o fillo menor do inglés William Edwards (o 27, ou o 28, ou segundo as fontes, o 29), que era un rico plantador de Xamaica, e da súa segunda esposa Elisabeth Vaux, francesa. O mozo Henri foi educado polas súas irmás e polos seus irmáns maiores.

O seu pai axudou aos británicos a reunir a illa co Reino Unido, e foi arrestado polas tropas de Napoleón. Henri Milne-Edwards foi entón levado a París polo seu irmán maior William Edwards, médico.

A caída de Napoleón permite a liberación do seu pai e a familia reúnese en París. Henri estudou medicina. Durante os seus estudos gañóu unha reputación de trouleiro. Stendhal chamouno «Irmán Brandy» e dixo del que era «un mal suxeito cos seus rizos loiros e os seus belos ollos divagantes» e «moi alegre, moi valente e mesmo cunha alma nobre, cando non estaba ofuscada por cincuenta copas de augardente».[2]

Porén, recibiu o seu doutorado en medicina en 1823 e o mesmo ano casou con Laura Trézel, con quen tivo nove fillos, entre eles a Alphonse Milne-Edwards (1835-1900), que tamén sería zoólogo.

Milne-Edwars dedicouse un tempo á práctica médica e publicou varios libros de divulgación sobre temmas de medicina. Tamén ensinou durante un tempo Ciencias Naturais no Lycée real Henri IV.

En 1828 publicou a súa Investigación sobre os moluscos, que foi recompensada co premio de fisioloxía da Academia de Ciencias de Francia.

Seguiu cursos con Georges Cuvier (1769-1832) e fíxose amigo de Jean Victoire Audouin (1797-1841). Con este último realizou entre 1826 e 1828 un estudo moi detallado da fauna mariña costeira nas proximidades de Granville (Departamento de Mancha).

En 1832 Henri foi profesor de Hixiene e de Historia Natural na Escola Central de Artes e Manufacturas de París. Obtivo o doutorado en Ciencias Naturais na Facultad de Ciencias de París en 1837. Á morte de Audouin, en 1841, foi nomeado para ocupar a cadeira de Entomoloxía no Museo Nacional de Historia Natural de Francia. Henri Milne-Edwards visitou en 1849 as costas de Italia e Sicilia con dous futuros mestres do Museo, Armand de Quatrefages (1810-1892) e Émile Blanchard (1819-1900). Cando Dumas se converteu en ministro, en 1849, Milne-Edwards accedeu ao posto de decano.

En 1862 abandoonu as súa cadeira de Entomoloxía para suceder a Isidore Geoffroy Sant-Hilaire (1805-1861) na cadeira de Mastozooloxía e Ornitoloxía do mesmo museo. Tamén foi decano da Facultade de Ciencias de París e profesor de zooloxía, anatomía e fisioloxía.

Milne-Edwards foi o líder da escola da "zooloxía fisiolóxica", que dominou a Historia Natural francesa durante moito tempo, tras o baleiro deixado pola morte de Georges Cuvier e de Étienne Geoffroy Saint-Hilaire. Milne-Edwards defendeu o estudo dos animais no seu ambiente natural, opoñéndose á tradición dominante, baseada no estudo anatómico dos animais disecados.

Gran admirador de Cuvier, Milne-Edwards concedía unha absoluta prioridade á función sobre a forma animal, esforzándose por encontrar as leis reitoras da adaptación biolóxica:

  • Segundo a lei da economía ou da unidade do tipo, a natureza tende a reutilizar os mesmos órganos ou estruturas para funcións diferentes.[3]
  • A lei da división do traballo (1827, 1834), influída pola teoría económica de Adam Smith, parte da analoxía entre o organismo e a fábrica, e entre os órganos que o compoñen e os obreiros que traballan nela. Ao igual que unha fábrica é máis produtiva canto máis especializados estean os seus traballadores, Milne-Edwards postula que canto máis complexo sexa o animal, máis diferenciados estarán os seus órganos.

A maior parte das súas obras publicáronse nos Annales des sciences naturelles, revista da cal dirixiu a parte dedicada á zooloxía (desde 1834). Entre as súas outra obras están a Histoire naturelle des crustacés (3 volumes, 1837-1841), que durante moito tempo foi unha abra de referencia, a Histoire naturelle des coralliaires (1858-1860) e especialmente as importantes leccións sobre a fisioloxía e a anatomía comparada de humanos e animais (14 volumes, 1857-1881).

Milne-Edwads faleceu en París o 29 de xullo de 1885.

Principais publicacións

  • A manual of surgical anatomy … Desilver, Philadelphia 1828.
  • A manual of materia medica and pharmacy. Careys & Lea, Philadelphia 1829.
  • Cahiers d’histoire naturelle. Crochard & Masson, Paris 1833–53.
  • Annales des sciences naturelles, zoologie et biologie animale. Masson, Paris 1834–85.
  • Élémens de zoologie. Crochard & Dumont, Paris, Brüssel 1834–37.
  • Histoire naturelle des crustacés. Roret, Paris 1834–40.
  • Outlines of anatomy and physiology. Little & Brown, Boston 1841.
  • Die Zoologie. Scheible, Rieger & Sattler, Stuttgart 1848–58.
  • Quelques remarques sur l’emploi du sel en agriculture … Paris 1849.
  • A monograph of the British fossil corals. London, 1850–72.
  • Zoologie. Langlois, Leclercq & Masson, Paris 1850–58.
  • Mélanges carcinologiques. Martinet, Paris 1851–54.
  • Beiträge zur allgemeinen Zoologie. Müller, Stuttgart 1853.
  • Leçons sur la physiologie et l'anatomie comparée de l'homme et des animaux, faites a la faculté des sciences de Paris, Paris: Masson, 1857.
  • Introduction a la zoologie génerale, ou Considérations sur les tendances de l anature dans la constrruction du règne animal, Paris: Masson, 1853.
  • Histoire naturelle des coralliaires ou polypes proprement dits. Roret, Paris 1857–60.
  • A manual of zoology. Renshaw, London 1863.

Abreviatura

A abreviatura Milne-Edwards empréagase para recoñecer a Henri Milne-Edwards como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Recoñecementos

Galardóns

Nomes de familias, de xéneros e de especies naturais

A estrela de mar Henricia leviuscula.

O nome de Henri Milne-Edwards foi honrado por varios autores para nomear familias, xéneros ou especies de animais, entre eles:

Notas

  1. Orixinalmente, Milne era un dos nomes de Henri. Para evitar ser confundido cos membros da súa importante familia, el agregou este nome ao seu apelido, como Milne Edwards (sen guión). O seu fillo Alphonse sempre usou o apelido Milne-Edwards (con guión). Esta situación ás veces conduce a confusión, especialmente debido a que os autores anglosaxóns (e doutras linguas, debido á influencia do inglés na literatura científica) moi a miúdo chámano Henri Milne-Edwards. Para distiguir a ambos os autores empréganse nas publicacións as abreviaturas Milne-Edwards para o pai e A. Milne-Edwards (en zooloxía) e Milne-Edw. (en botánica), para o fillo.
  2. Stendhal, Souvenirs d'égotisme, capítulo 9.
  3. Leçons sur la physiologie et l'anatomie comparée de l'homme et des animaux, faites a la faculté des sciences de Paris, Paris: Masson, 1857, vol. 1: 13, e Introduction a la zoologie génerale, ou Considérations sur les tendances de la nature dans la construction du règne animal, Paris: Masson, 1853 : 7-12.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Bibliografía

  • Berthelot, Marcelin (1981): Notice historique sur Henri Milne Edwards, Didot, Paris.
  • Norton, Trevor (2000): Stars beneath the sea, Carroll & Graf, New York. ISBN 0-7867-0750-X.
  • Schmitt, Stéphane (2004). Histoire d'une question anatomique: la répétition des parties. Paris: Publications Scientifiques du Muséum national d'Histoire naturelle.