Saltar ao contido

Eslovaquia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.9.5
Liña 28: Liña 28:
| costas = 0
| costas = 0
| poboación = 5 416 958
| poboación = 5 416 958
| poboación_ano = 2009<ref>[http://portal.statistics.sk/showdoc.do?docid=5639 Oficina Estatística da República Eslovaca]</ref>
| poboación_ano = 2009<ref>{{Cita web |url=http://portal.statistics.sk/showdoc.do?docid=5639 |título=Oficina Estatística da República Eslovaca |data-acceso=29 de outubro de 2009 |data-arquivo=09 de maio de 2011 |url-arquivo=https://web.archive.org/web/20110509094641/http://portal.statistics.sk/showdoc.do?docid=5639 |url-morta=yes }}</ref>
| poboación_posto = 108
| poboación_posto = 108
| poboación_densidade = 111
| poboación_densidade = 111

Revisión como estaba o 24 de setembro de 2023 ás 07:25

Coordenadas: 49°N 20°L / 49, 20 Modelo:País

Eslovaquia (Gl-Eslovaquia.ogg pronunciación ) (en eslovaco, Slovensko Sk-Slovensko.ogg [ˈslovɛnsko] ), oficialmente República Eslovaca (Gl-República Eslovaca.ogg pronunciación ) (en eslovaco, Slovenská republika Sk-Slovenská_republika.ogg [ˈslovɛnskaː ˈrɛpublika] ), é un país do centro de Europa, resultado da división de Checoslovaquia en 1993, que orixinou o novo estado e tamén a Chequia. Ten fronteira ó norte con Chequia e Polonia; ó leste con Ucraína; ó sur con Hungría e ó oeste con Austria. A súa capital é Bratislava.

Xeografía

Mapa de Eslovaquia

A paisaxe eslovaca componse de natureza montañosa. Os montes Cárpatos atópanse ao longo da maior parte da metade norte do país. É nos Cárpatos onde se sitúan os elevados picos dos montes Tatra, un destino popular para a práctica do esquí e tamén zona de moitos lagos e vales, ademais de albergaren o punto máis alto da Eslovaquia: o Gerlachovský štít, con 2.655 metros.

Hai tamén terras baixas nas extremidades suroeste (nas marxes do río Danubio) e sueste de Eslovaquia. Os ríos principais, ademais do Danubio, son o Váh e o Hron.

Clima

O clima é temperado, con veráns relativamente frescos e invernos fríos, nevados e húmidos.

Organización territorial

Eslovaquia está subdividida en 8 kraje (singular kraj), cada un deles levando o nome da súa capital.
Regiones de Eslovaquia
Regiones de Eslovaquia
Escudo Galego Eslovaco
1 Bratislava Bratislavský kraj
2 Trnava Trnavský kraj
3 Trenčín Trenčiansky kraj
4 Nitra Nitriansky kraj
5 Žilina Žilinský kraj
6 Banská Bystrica Banskobystrický kraj
7 Prešov Prešovský kraj
8 Košice Košický kraj
Os kraje están subdivididos en varios okresy (singular okres), distritos. Eslovaquia ten 79 distritos.

Demografía

Historia

Á esquerda: A moeda celta Biatec
Á dereita: Cinco coroas Eslovacas

A poboación eslava orixinal formouse no século V na área onde hoxe fica Eslovaquia. Eslovaquia formaba parte do centro do imperio de Samo no século VII. O punto máis alto do estado proto-eslovaco do século IX, coñecido como Gran Moravia, deuse coa chegada de Cirilo e de Methodius e coa expansión do reinado do rei Svatopluk. Eslovaquia acabou por se tornar parte do reino da Hungría entre os séculos XI e XIV e foi, máis tarde, parte da Austria-Hungría ata 1918. Nese ano, Eslovaquia xuntouse coas rexións da Bohemia e da veciña Moravia para formar Checoslovaquia. Coa separación do país que seguiu ao Acordo de Múnic de 1938, Eslovaquia transformouse nunha república separada, mais baixo un control firme por parte da Alemaña nazi.

Despois da segunda guerra mundial, Checoslovaquia foi reconstituída e pasou a estar baixo a influencia da Unión Soviética e do Pacto de Varsovia, de 1945 en diante.

A fin da Checoslovaquia comunista en 1989 durante a pacífica Revolución de Veludo tamén significou a fin para Checoslovaquia e a creación de dous estados sucesores: Eslovaquia e a República Checa que seguiron camiños separados a partir do 1 de xaneiro de 1993.[Cómpre referencia]

Eslovaquia adheriuse á Unión Europea o 1 de maio de 2004. Pasou a formar parte da eurozona o 1 de xaneiro de 2009, abandonando a coroa eslovaca e adoptando o euro como moeda.

Cultura

Patrimonio

Etnografía

Gastronomía

Símbolos

Economía

Artigo principal: Economía de Eslovaquia.

Infraestruturas

Enerxía

Transportes

Medios de comunicación

Deporte

Política e goberno

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas