Saltar ao contido

Abdalá I

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 16 de xuño de 2012 ás 11:12 por BotDHojalata (conversa | contribucións) (Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|))
Abdullah bin Abdulaziz Al Saud
Abdullah bin Abdulaziz Al Saud y George W. Bush

Abdullah bin Abdulaziz Al Saud (en árabe عبد بن عبدالعزيز آل سعود), tamén chamando Abdullah bin Abd al-Aziz, nado no Riad en 1924 é un dos 37 fillos de Ibn Saud, primeiro rei e fundador de Arabia Saudí.

Traxectoria

Foi proclamado rexente dende 1996 debido á incapacidade do seu medio-irmán Fahd bin Abdul Al-Aziz e proclamado o sexto rei de Arabia Saudí tra-la morte deste o 1 de agosto do 2005. Tamén ten os cargos de Comandante da Garda Nacional Saudí dende 1963 e de Primeiro Vice-Primeiro Ministro dende xuño de 1982.

Ten catro esposas, sete fillos e quice fillas. Fundou dúas bibliotecas, unha en Riyadh (a Biblioteca Rei Abdulaziz) e outra en Casablanca, Marrocos.

Relación cos Estados Unidos

Abdullah visitou en repetidas ocasións os Estados Unidos e a familia Bush (incluido o presidente George W. Bush) considérano un grande amigo da familia.

En outubro de 1976, reuniuse co presidente estadounidense Gerald Ford. Visitou o país novamente en outubro de 1987 para atoparse co presidente George H. W. Bush. En setembro de 1998, fixo unha visita de estado para reunirse en Washington DC co presidente Bill Clinton. E regresou novamente en setembro do 2000 para asistir ás celebracións do segundo milenio na sede das Nacións Unidas en Nova York.

Precedido por:

Fahd bin Abdul Al-Aziz

Reis de Arabia Saudí
e
Líderes da Casa de Saud
Sucedido por:

--

Véxase tamén

Outros artigos