Saltar ao contido

Nova Galicia (París)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 1 de xullo de 2017 ás 23:37 por BanjoBot 2.0 (conversa | contribucións) (Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos)

Nova Galicia foi unha revista editada en París entre 1966 e 1975.

Historia e características

Subtitulada Revista de Cultura y Política, apareceu o 1 de outubro de 1966. Revista trimestral vinculado ao PCE, estaba dirixida por Isaac François. Entre os seus colaboradores figuraron Santiago Álvarez, Celso Emilio Ferreiro, Xesús Alonso Montero, S. Novo, Antonio Soureiro, Antonio Vila, Xosé Neira Vilas. Prensa política antifascista, os primeiros números edítanse en Francia, mentres que os de 1973 aparecen editados en Bélxica.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas