Razorblade Suitcase é o segundo álbum da banda británica de post-grungeBush, publicado o 19 de novembro de 1996 a través do selo Trauma Records. Foi a continuación do seu multi-platino Sixteen Stone e estreouse no número 1 da lista Billboard 200, vendendo 293 000 copias durante a súa primeira semana nos Estados Unidos.[1] Ata a data segue sendo o único disco de Bush en chegar ao posto máis alto da Billboard 200.[2] Gravado nos Abbey Road Studios de Londres co enxeñeiro/produtor Steve Albini, o son do álbum comparouse ao do In Utero de Nirvana, que tamén foi producido e gravado por Albini.[3][4]
O disco foi reeditado coincidindo co seu 20 aniversario, titulándoo oficialmente Razorblade Suitcase (In Addition). Foi publicado dixitalmente o 16 de decembro de 2016,[5] e en vinilo o 10 de febreiro de 2017.[6] A reedición inclúe o álbum remasterizado e catro rarezas extra: "Broken TV", "Old", "Sleeper" e "Bubbles". Antes deste lanzamento, tres das catro cancións extra foran publicadas como caras b ou incluídas en recompilatorios, pero "Sleeper" tratábase dun tema inédito.[7]