Saltar ao contido

Ligamenvirales

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ligamenvirales
Clasificación científica
Grupo: I (Virus ADN bicatenario)
Orde: Ligamenvirales
Familias

Ligamenvirales é unha orde de virus de forma liñal que infectan ás arqueas hipertermófilas do grupo das Crenarchaeota e presentan un xenoma formado por ADN de dobre cadea. A creación desta orde foi proposta en 2012.[1]

O nome deriva do latín ligamen, que significa corda ou fío, facendo referencia á súa forma liñal.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Distínguense dúas familias nesta orde: Lipothrixviridae e Rudiviridae. Aínda que estas familias teñen características moi distintas en complexidade e forma de replicación, os estudos xenómicos e estruturais aconsellan clasificalas na mesma orde. Aproximadamente 1/3 das ORFs dos rudivirus teñen homólogos no virus de Sulfolobus SIFV da familia Lipothrixviridae [2].

Os virións son filamentosos e con nucleocápside helicoidal. Por cada un dos seus extremos están unidos a fibras ou estruturas máis complexas, que están implicadas na adhesión ao hóspede.

As principais proteínas da cuberta tanto de membros dos lipothrixvirus coma dos rudivirus teñen unha topoloxía pouco usual cun empaquetamento de catro hélices no dominio C-terminal.[3] Os virus de ambas as familias comparten ata dez xenes.

O xenoma é non segmentado liñal e de ADN bicatenario.

  1. Prangishvili D, Krupovic M (2012). "A new proposed taxon for double-stranded DNA viruses, the order "Ligamenvirales"". Arch Virol 157 (4): 791–795. PMID 22270758. doi:10.1007/s00705-012-1229-7. 
  2. Peng X, Blum H, She Q, Mallok S, Brügger K, Garrett RA, Zillig W, Prangishvili D. Sequences and replication of genomes of the archaeal rudiviruses SIRV1 and SIRV2: relationships to the archaeal lipothrixvirus SIFV and some eukaryal viruses. Virology. 2001 Dec 20;291(2):226-34. PMID 11878892. [1]
  3. Goulet A, Blangy S, Redder P, Prangishvili D, Felisberto-Rodrigues C, Forterre P, Campanacci V, Cambillau C (2009) Acidianus filamentous virus 1 coat proteins display a helical fold spanning the filamentous archaeal viruses lineage. PNAS 106 (50) 21155-21160. PMID 19934032.