Saltar ao contido

Andriian Grigorevich Nikolaev

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAndriian Grigorevich Nikolaev

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de setembro de 1929 Editar o valor en Wikidata
Shorshely, Rusia Editar o valor en Wikidata
Morte3 de xullo de 2004 Editar o valor en Wikidata (74 anos)
Cheboksary, Rusia Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaShorshely Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeUnión Soviética
Rusia Editar o valor en Wikidata
EducaciónAcademia Zhukovsky de Engenharia da Força Aérea (pt) Traducir (–1968)
Chernihiv Higher Military Aviation School of Pilots (en) Traducir (–1954) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónaviador , astronauta , escritor Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Comunista da Unión Soviética Editar o valor en Wikidata
Membro de
LinguaLingua rusa Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
LealdadeUnión Soviética Editar o valor en Wikidata
Rango militarAir Force major general (en) Traducir (1970–)
major-general (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Tempo no espazo21 días, 15 horas e 20 minutos Editar o valor en Wikidata
Misión do astronauta
Familia
CónxuxeValentina Tereshkova (1963–1982)
FillosElena Tereshkova (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Николаев-3 Find a Grave: 9042651 Editar o valor en Wikidata
Selo adicado a Nikoláyev.

Andriian Grigorevich Nikolaev (en ruso: Андриян Григорьевич Николаев), nado en Sorseli, República dos Chuvaxos o 5 de setembro de 1929 e finado en Cheboksary o 3 de xullo de 2004, foi un astronauta da Unión Soviética.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Viaxou ao espazo en agosto de 1962 na misión Vostok 3 (co que se converteu no terceiro cosmonauta soviético) e o 1 de xuño de 1970 na misión Soiuz 9, acumulando en total 21 días, 15 horas e 20 minutos no espazo.

Foi coñecido coma o Home de Ferro nos medios aeronáuticos soviéticos por permanecer catro días illado e en silencio e o seu coñecemento do tempo que permaneceu na cámara de illamento, usada para avaliar as capacidades dos astronautas que tiñan que permanecer longos períodos no espazo en soidade.

Casou en novembro de 1963 con Valentina Tereshkova - a primeira muller que viaxou o espazo - coa que tivo unha filla, Elena Andrionova. Divorciáronse en 1982, ano no que Andriian deixou o corpo de cosmonautas soviéticos.

Andriian Nikolaev recibiu as principais condecoracións da Unión Soviética, entre elas a Orde de Lenin, a Orde da Estrela Vermella e o título oficial de Heroe da Unión Soviética.

O 3 de xuño de 2004 faleceu dun ataque cardíaco en Cheboksary (Rusia) e foi soterrado na súa cidade natal a pesar das presións da súa filla para que fose soterrado na Cidade das Estrelas. En homenaxe, déuselle o nome de Nikoláyev a un cráter lunar.