Enseada de San Simón
Coordenadas: 42°18′49″N 8°38′57″O / 42.3137111, -8.6490329
Enseada de San Simón | |||
---|---|---|---|
Marco Legal | |||
Figura de Protección: | ZEC | ||
Ano de constitución: | 2004 | ||
Superficie: | 2.218 ha. (95% de área mariña) | ||
Lexislación: | LIC o 29 de decembro de 2004, ZEC o 27 de marzo de 2004 e 31 de marzo de 2014. | ||
Datos de interese | |||
País: | Galicia | ||
Provincias: | Pontevedra | ||
Concellos: | Redondela, Soutomaior, Pontevedra, Vilaboa e Moaña | ||
Ríos: | río Verdugo e río Oitavén | ||
Picos | |||
Direccións de interese: | |||
Teléfonos: |
A enseada de San Simón é a enseada na cabeceira da Ría de Vigo. É un espazo natural declarado como zona especial de conservación (ZEC) e que vai desde o estreito da Ponte de Rande ata as enseadas de San Simón e enseada de Vilaboa, acollendo as salinas de Ulló, a illa de San Simón e as illas Alvedosas.[1]
Xeografía e xeoloxía
[editar | editar a fonte]Está situada na cabeceira interior da ría de Vigo, que é un esteiro. Comeza no estreito de Rande e baña os concellos de Redondela, Soutomaior, Vilaboa e Pontevedra. De norte a sur mide sete quilómetros de longo.
Flora e fauna
[editar | editar a fonte]Flora
[editar | editar a fonte]Na zona intermareal das augas do esteiro, que son de lama e area, abundan as pradeiras de algas denominadas Zosteretum marinae e Zosteretum noltii. Destaca a vexetación halófita.[1]
Fauna
[editar | editar a fonte]Entre as especies animais propias da zona están o choco, polbo, lura, sardiña, rapante, faneca, muxo, cabaliño de mar, ameixa, berberecho, navalla ou carallote e o mexillón.
No esteiro hai aves anátidas e aves limnícolas, que paran na enseada durante as súas migracións.[1]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Vista da Ría de Vigo, na que se aprecia o exterior do espazo natural.
-
Illa de San Simón desde a praia de Cesantes.
-
Illa de San Simón e a Ponte de Rande.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "Enseada de San Simón".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Enseada de San Simón |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Román Losada, A. (2009): Sal, sardiñas e peiraos. Achega ao patrimonio marítimo na Enseada de San Simón. Asociación Cultural Alén Nós de Redondela.