Saltar ao contido

Gran Premio de Italia de 1975

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaGran Premio de Italia de 1975
Imaxe
(1975)
TipoGran Premio de Italia Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Parte deCampionato Mundial de Fórmula 1 de 1975 Editar o valor en Wikidata
Distancia do evento52 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónCircuíto de Monza (Monza) 45°37′14″N 9°17′22″L / 45.620555555556, 9.2894444444444Coordenadas: 45°37′14″N 9°17′22″L / 45.620555555556, 9.2894444444444 Editar o valor en Wikidata
Lonxitude5,793 km Editar o valor en Wikidata
PaísItalia Editar o valor en Wikidata
Data7 de setembro de 1975 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoClay Regazzoni Editar o valor en Wikidata
Pole positionNiki Lauda Editar o valor en Wikidata
Volta máis rápidaClay Regazzoni Editar o valor en Wikidata

O Gran Premio de Italia de 1975 foi unha carreira de Fórmula 1 celebrada no Autodromo Nazionale Monza o 7 de setembro de 1975. Foi a décimo terceira proba da tempada de 1975, o 45º Gran Premio de Italia e o 41º que se celebrou en Monza. A carreira celebrouse sobre 52 voltas ao circuíto de cinco quilómetros para unha distancia total de carreira de 300 quilómetros.

A carreira foi gañada polo piloto suízo Clay Regazzoni no seu Ferrari 312T nun día glorioso para a Scuderia Ferrari. Foi a terceira vitoria de Regazzoni, e a quinta vitoria de Ferrari na tempada. Regazzoni sacoulle dezaseis segundos ao McLaren M23 do campión do mundo saínte, o piloto brasileiro Emerson Fittipaldi. Detrás de Fittipaldi quedou o segundo Ferrari do piloto austríaco Niki Lauda. O terceiro posto foi suficiente para que Lauda asegurara o seu primeiro campionato mundial. Os 16´5 puntos de vantaxe de Lauda eran demasiados para que Fittipaldi puidera superalos na rolda final do campionato no GP dos Estados Unidos. Con Regazzoni e Lauda anotando 13 puntos entre ambos, Ferrari tamén conseguiu o campionato de construtores, a súa primeira vitoria desde a tempada 1964.

Resumo da carreira

[editar | editar a fonte]

Os afeccionados italianos estaban reunidos á espera de que Ferrari gañara o seu primeiro campionato en 11 anos no seu propio terreo, con moitos austríacos que cruzaron á fronteira para apoiar a Niki Lauda e quedaron encantados cando Ferrari acaparou ambos espazos na primeira fila. Tony Brise encantou ó seu preparador Graham Hill ao obter un lugar na terceira fila.

Lauda só necesitaba terminar quinto ou mellor para ser campión, pero o arxentino Carlos Reutemann e o brasileiro Emerson Fittipaldi necesitaban gañar e que Lauda quedara fóra dos puntos. Fittipaldi, que gañara na Arxentina e Gran Bretaña, era o rival máis forte de Lauda.

O domingo pola mañá houbo un chuvasco e durante algún tempo perigou o futuro da carreira, pero afortunadamente a choiva parou ao redor dunha hora antes do comezo. Clay Regazzoni liderou por diante de Lauda e Jody Scheckter.

Vittorio Brambilla queimou o embrague na primeira volta, mentres que Bob Evans detívose cun fallo nunha buxía do motor. Houbo un accidente na chicane, Scheckter tivo que tomar a estrada de escape que a rodeaba, Jochen Mass golpeou os pianos, danando a suspensión do seu coche. Ronnie Peterson chocou con outro coche, bloqueando o acelerador. Mario Andretti e Rolf Stommelen retiráronse con danos do accidente e Brise trompeou na chicane. Harald Ertl subiuse por encima do coche de Hans-Joachim Stuck, danando o coche.

Logo de seis voltas, Carlos Pace retirouse co acelerador roto, pronto se uniron Hans-Joachim Stuck e Lella Lombardi. Os Ferraris circulaban 1º e 2º con Clay Regazzoni liderando diante de Niki Lauda. Na volta 14, Emerson Fittipaldi pasou a Carlos Reutemann polo terceiro posto, as esperanzas de Reutemann polo campionato terminaron, rematou cuarto na carreira. Malia a ter os Ferrari moi por diante, Fittipaldi non renunciou á persecución, limando unha diferenza de máis de dez segundos. A tan só seis voltas do final, pasou a Lauda .

Mentres tanto, Patrick Depailler pasou a James Hunt para a quinta posición. Hunt, Tom Pryce e Reutemann loitaban entre eles, Pryce pasouno cando Hunt trompeou na volta 27, pero volveulle a ceder a posición logo doutras dez voltas.

Regazzoni chegou primeiro, Lauda foi terceiro e proclamouse campión e Ferrari gañou o campionato por primeira vez desde 1961, diante do seu público.

Clasificación

[editar | editar a fonte]
Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 11 Suíza Clay Regazzoni Ferrari 52 1:22:42.6 2 9
2 1 Emerson Fittipaldi McLaren-Ford 52 + 16.6 3 6
3 12 Austria Niki Lauda Ferrari 52 + 23.2 1 4
4 7 Carlos Reutemann Brabham-Ford 52 + 55.1 7 3
5 24 James Hunt Hesketh-Ford 52 + 57.1 8 2
6 16 Tom Pryce Shadow-Ford 52 + 1:15.9 14 1
7 4 Francia Patrick Depailler Tyrrell-Ford 51 + 1 volta 12
8 3 Unión Sudafricana Jody Scheckter Tyrrell-Ford 51 + 1 volta 4
9 34 Austria Harald Ertl Hesketh-Ford 51 + 1 volta 17
10 25 Brett Lunger Hesketh-Ford 50 + 2 voltas 21
11 30 Italia Arturo Merzario Fittipaldi-Ford 48 + 4 voltas 26
12 32 Chris Amon Ensign-Ford 48 + 4 voltas 19
13 6 Jim Crawford Lotus-Ford 46 + 6 voltas 25
14 20 Italia Renzo Zorzi Williams-Ford 46 + 6 voltas 22
Ret 17 Francia Jean-Pierre Jarier Shadow-Matra 32 Bomba gasolina 13
Ret 29 Italia Lella Lombardi March-Ford 21 Accidente 24
Ret 10 Alemaña Hans Joachim Stuck March-Ford 15 Accidente 16
Ret 21 Francia Jacques Laffite Williams-Ford 7 Caixa de cambios 18
Ret 8 Carlos Pace Brabham-Ford 6 Acelerador 10
Ret 22 Alemaña Rolf Stommelen Hill-Ford 3 Accidente 23
Ret 2 Alemaña Jochen Mass McLaren-Ford 2 Accidente 5
Ret 5 Ronnie Peterson Lotus-Ford 1 Motor 11
Ret 23 Tony Brise Hill-Ford 1 Accidente 6
Ret 27 Mario Andretti Parnelli-Ford 1 Accidente 15
Ret 9 Italia Vittorio Brambilla March-Ford 1 Embrague 9
Ret 14 Bob Evans BRM 0 Eléctrico 20
NSC 31 Países Baixos Roelof Wunderink Ensign-Ford
NSC 35 Tony Trimmer Maki-Ford

Posicións logo da carreira

[editar | editar a fonte]
  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Só os 6 mellores resultados das primeiras 7 roldas e os 6 mellores resultados das últimas 7 roldas contan para o campionato. Os números sen paréntese son os puntos do campionato, os números entre paréntese son o total de puntos anotados.


Carreira anterior:
Gran Premio de Austria de 1975
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1975
Carreira seguinte:
Gran Premio dos Estados Unidos de 1975
Carreira anterior:
Gran Premio de Italia de 1974
Gran Premio de Italia Carreira seguinte:
Gran Premio de Italia de 1976

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de "The Official Formula 1 website". Consultado o 2007-06-15.