Saltar ao contido

Heavy Lungs

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Heavy Lungs
OrixeBristol, Inglaterra Inglaterra
Período2017 - presente
Xénero(s)post-punk, noise rock, rock alternativo
Selo(s) discográfico(s)Balley, Alcopop! Records
MembrosDanny Nedelko
Oliver Southgate
George Garratt
James Minchall
Na rede
heavylungsband.com
Twitter: heavylungsband Spotify: 07eIrj0b3z5mgvtkDmWoxo Musicbrainz: b7faff47-57c9-4625-a612-4b0ea6c51511 Allmusic: mn0003783240 Editar o valor en Wikidata

Heavy Lungs é unha banda inglesa de noise rock baseada en Bristol e formada en 2017. O grupo está composto polo batería George Garratt, o guitarrista Oliver Southgate, o vocalista Danny Nedelko, e o baixista James Minchall.

Heavy Lungs foi formada en Bristol a principios de 2017 polo baixista James Minchall e o vocalista Danny Nedelko.[1] Nedelko e Minchall xa traballaran xuntos, e comezaron a gravar música, recrutando máis tarde aos músicos locais de Bristol Oliver Southgate e George Garratt para completar a banda.[2] En 2018 o grupo lanzou o seu EP de estrea, Abstract Thoughts.

A finais de 2018, o cantante principal converteuse no tema dunha canción de IDLES, tamén de Bristol, que lanzou o tema "Danny Nedelko" como sinxelo principal do seu segundo álbum, Joy as an Act of Resistance.[3]

En 2019 a banda lanzou dous EPs: Straight to CD, que saíu o 7 de febreiro de 2019,[4] e Measure, lanzado o 10 de outubro.[5]

O 29 de setembro de 2023 a banda lanzou o seu álbum de estudo de estrea, All Gas No Brakes.[6]

Discografía

[editar | editar a fonte]
Álbum Ano Selo
All Gas No Brakes 2023 Alcopop! Records
  1. "AOTW // Heavy Lungs". Gigantic Tickets (en inglés). Consultado o 2024-08-05. 
  2. Crook, Oliver (2019-10-22). "Heavy Lungs’ New EP 'Measure' Shows They’re Ready to be Bristol’s Next Top Punk Band". Atwood Magazine (en inglés). Consultado o 2024-08-05. 
  3. Webber, Kieran (2019-08-10). "Interview: Heavy Lungs". Clunk Magazine (en inglés). Consultado o 2024-08-05. 
  4. "Straight to CD, by Heavy Lungs". Heavy Lungs (en inglés). Consultado o 2024-08-05. 
  5. "EP Review: Heavy Lungs – 'Measure'". When The Horn Blows (en inglés). 2019-10-10. Consultado o 2024-08-05. 
  6. "Heavy Lungs announce debut album". DIY. Consultado o 5 de agosto de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]