Saltar ao contido

José María Albar González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé María Albar González
Biografía
Nacemento1896 Editar o valor en Wikidata
Castrelo do Val, España Editar o valor en Wikidata
Morte11 de outubro de 1941 Editar o valor en Wikidata (44/45 anos)
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmaquis , labrego Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor en Wikidata

José María Albar González, nado en Castrelo do Val cara a 1896 e finado en Ourense o 11 de outubro de 1941, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Labrego de Fontefría (Servoi). Membro dun grupo guerrilleiro da provincia de Ourense. Foi detido en agosto de 1941. Encartado na Causa 606/1941 por rebelión, foi xulgado en Ourense en consello de guerra o 16 de setembro xunto con Avelino Rodríguez Rodríguez, José Toro Martínez, Benjamín Sierra Fernández, Antonio Parada Calvo e Martín Estévez Vega, acusados de atraco a man armada en San Mamede de Hedrada en agosto. Condenados a pena de morte, foron executados en Ourense o 11 de outubro de 1941.[1][2]

  1. El Ideal Gallego, 12-10-1941, p. 3.
  2. La Región, 15-10-1941, p. 2.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]