Nino Vaccarella
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de marzo de 1933 Palermo, Italia |
Morte | 23 de setembro de 2021 (88 anos) Palermo, Italia |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Italia |
Actividade | |
Ocupación | piloto de automobilismo , piloto de Fórmula Un |
Lingua | Lingua italiana |
Deporte | automobilismo carreira de coches deportivos Fórmula 1 |
Participou en | |
24 Horas de Le Mans |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Nino Vaccarella nado en Palermo (Sicilia) o 4 de marzo de 1933 e finado na mesma cidade o 23 de setembro de 2021,[1] foi un piloto italiano de Fórmula Un.
Os seus principais logros inclúen gañar as 24 Horas de Le Mans de 1964 e a Targa Florio en 1965, 1971 e 1975, cando xa non era un evento do Campionato do Mundo de Resistencia.
Andaina nos coches deportivos
[editar | editar a fonte]Vaccarella, nado en Sicilia, era coñecido por ser un especialista na Targa Florio. Segundo Vic Elford, coñecía os camiños de Sicilia como o dorso da súa man. Compañeiro de Umberto Maglioli na Targa Florio de 1960 nun Maserati birdcage, propiedade do equipo Camoradi. Maglioli gañara anteriormente a carreira dúas veces. Vaccarella fora un mestre de escola en Palermo cunha gran paixón polo automobilismo. Tomaron a dianteira na tarde do 8 de maio e mantivérona durante tres voltas ata que o coche rompeu. O evento foi gañado por Joakim Bonnier e Hans Herrmann nun pequeno Porsche prateado.[2] Emparellado con Lorenzo Bandini na Targa Florio de 1965 gañaron cunha velocidade media de 101 quilómetros por hora, terminando en 7 horas 1 minuto e 12.4 segundos.[3] En 1966, Vaccarella e Bandini lideraron a maior parte da carreira ata que o seu Ferrari 330 saíuse da pista logo de sete voltas e quedou demasiado danado para continuar.[4] Mentres axitaba a man para saudar á multitude, Vaccarella veu un muro coa inscrición Viva Nino.[5] Maglioli e Vaccarella levaron un Ford GT-40 ao quinto lugar nas 12 Horas de Sebring de 1967.[6] A edición do 8 de maio de 1968 do Giornale Di Sicilia proclamou no seu título, Só Vaccarella podía facer o milagre. O significado tiña que ver coa gran tarefa do piloto siciliano ao lograr a vitoria na Targa Florio no seu Alfa Romeo de 2.5 litros, chamado "Tipo 33". Enfrontouse a catro competidores alemáns que pilotaban modelos Porsche 910. Os Porsches arrasaran recentemente nas carreiras de resistencia en Daytona e Sebring. Poucos expertos daban aos catro Alfa Romeos unha oportunidade contra os "perfectos" Porsches, pero os sicilianos confiaban na habilidade da condución de Vaccarella.[5] Vaccarella cualificou oitavo nas 24 Horas de Daytona nun Ferrari 512S. Tamén pilotou o Ferrari 512S con motor V12 nun esforzo heroico pero con todo finalmente perdeu en 1970, danando o coche nas etapas finais. Esta foi un dunha serie de 11 carreiras de resistencia celebrados en Europa e Norteamérica para o campionato mundial de construtores de 1970.[7] Vaccarella e Toine Hezemans gañaron a Targa Florio de 1971 nun Alfa Romeo. Cruzaron a liña de meta un minuto antes que Andrea de Adamich e Gijs van Lennep, que tamén pilotaban un Alfa Romeo. Esta carreira terminou co dominio de Porsche, que terminara primeiro nas anteriores cinco carreiras da Targa Florio.[8] Vaccarella competiu nas 12 Horas de Sebring de 1972 nun dos catro Alfa Romeo 33/3TT da carreira. O seu compañeiro de condución foi Nanni Galli.[9] Clasificáronse quintos detrás doutro Alfa Romeo de Rolf Stommelen e Peter Revson, que comezou terceiro.[10]
Fórmula Un
[editar | editar a fonte]Vacarella foi seleccionado para o equipo Ferrari de Fórmula Un de 1962 por Enzo Ferrari. Uniuse a John Surtees, Mike Parkes, Willy Mairesse, Bandini, e Ludovico Scarfiotti. Participou en cinco Grandes Premios do Campionato Mundial, debutando o 10 de setembro de 1961. Non anotou puntos de campionato. Tamén participou en varias carreiras da da fórmula 1 fóra do campionato.[11]
Rexistro de carreiras
[editar | editar a fonte]Resultados Completos na Fórmula Un
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1961 | Scuderia Serenissima | De Tomaso F1 | Alfa Romeo 4 en liña |
MON | NED | BEL | FRA | GBR | ALE | ITA Ret |
USA | NC | 0 | ||
1962 | Scuderia SSS Republica di Venezia | Lotus 18/21 | Climax 4 en liña | NED | MON NSC |
BEL | FRA | GBR | NC | 0 | |||||
Porsche 718 | Porsche 4 en liña | ALE 15 |
|||||||||||||
Lotus 24 | Climax V8 | ITA 9 |
USA | RSA | |||||||||||
1965 | Scuderia Ferrari SpA SEFAC | Ferrari 158 | Ferrari V8 | RSA | MON | BEL | FRA | GBR | NED | ALE | ITA 12 |
USA | MEX | NC | 0 |
Resultados fora do Campionato
[editar | editar a fonte](Chave) (Carreiras en grosa indican pole position) (Carreiras en cursiva indican volta rápida)
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1961 | Scuderia Serenissima | De Tomaso F1 | Alfa Romeo L4 | LOM | GLV | PAU | BRX | VIE | AIN | SYR | NAP | LON | SIL | SOL | KAN | DAN | MOD NSC |
FLG | OUL | LEW | ||||
Cooper T51 | Maserati L4 | VAL 3 |
RAN | NAT | RSA | |||||||||||||||||||
1962 | Scuderia SSS Republica di Venezia | Lotus 18/21 | Climax L4 | CAP | BRX NSC |
LOM | LAV | GLV | PAU 6 |
AIN | INT Ret |
NAP | MAL | CLP | RMS | MED Ret |
DAN | OUL | MEX | RAN | NAT | |||
Porsche 718 | Porsche F4 | SOL WD |
KAN |
Resultados completos nas 24 Horas de Le Mans
[editar | editar a fonte]Ano | Equipo | Co-Pilotos | Coche | Clase | Voltas | Pos. | Clase Pos. |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1961 | Scuderia Serenissima | Ludovico Scarfiotti | Maserati Tipo 63 | S 3.0 | 53 | Ret | Ret |
1962 | Scuderia SSS Republica di Venezia | Giorgio Scarlatti | Ferrari 250 GTO | GT 3.0 | 172 | Ret | Ret |
1964 | SpA Ferrari SEFAC | Jean Guichet | Ferrari 275P | P 5.0 | 349 | 1º | 1º |
1965 | North American Racing Team | Pedro Rodríguez | Ferrari 365 P1/P2 Spyder | P 5.0 | 320 | 7º | 4º |
1966 | Scuderia San Marco North American Racing Team |
Mario Casoni | Ferrari Dino 206S | P 2.0 | 7 | Ret | Ret |
1967 | SpA Ferrari SEFAC | Chris Amon | Ferrari 330 P3 Spyder | P 5.0 | 105 | Ret | Ret |
1968 | Autodelta SpA | Giancarlo Baghetti | Alfa Romeo T33/2 | P 2.0 | 150 | Ret | Ret |
1969 | Equipe Matra - Elf | Jean Guichet | Matra-Simca MS630 | P 3.0 | 359 | 5º | 3º |
1970 | SpA Ferrari SEFAC | Ignazio Giunti | Ferrari 512S | S 5.0 | 7 | Ret | Ret |
1971 | Escuderia Montjuich | José Juncadella | Ferrari 512M | S 5.0 | Ret | Ret | |
1972 | Autodelta SpA | Andrea de Adamich | Alfa Romeo Tipo 33TT3 | S 3.0 | 307 | 4º | 4º |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Auto: è morto Ninni Vaccarella, vinse tre volte Targa Florio". Ansa (en italiano). 23 de setembor de 2021.
- ↑ Bonnier and Herrman Capture 450-Mile Targa Florio in 7:33:8, New York Times, 9 de maio de 1960, Page 37.
- ↑ 100,000 In Sicily See Famed Event, New York Times, 10 de maio de 1965, Page 46
- ↑ Mairesse First In Targa Florio, New York Times, 9 de maio de 1966, Page 74
- ↑ 5,0 5,1 Vaccarella Will Carry Hopes Of Sicilian Auto Fans Today, New York Times, 5 de maio de 1968, Page S27.
- ↑ Ford's No. 2 Car Is Given 2nd Place, New York Times, 3 de abril de 1967, Page 44
- ↑ Porsches Capture Next Three Spots, New York Times, 31 de xaneiro de 1970, Page 40
- ↑ Italian Driver Is Killed in Race Won by Vaccarella-Hezemans, New York Times, 17 de maio de 1971, Page 49
- ↑ Three Ferrari Teams to Seek Endurance Honors at Sebring, New York Times, 19 de marzo de 1972, Page S15.
- ↑ Andretti Captures Pole at Sebring With Lap Record, New York Times, 25 de marzo de 1972, Page 24.
- ↑ Ferrari Team Named, New York Times, 2 de decembro de 1962, Page 253.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nino Vaccarella |