Praza de Ourense (A Coruña)
Coordenadas: 43°21′53″N 8°24′19″O / 43.364710094973, -8.4054005707431
A praza de Ourense é un espazo público da cidade da Coruña, situado entre as rúas de Sánchez Bregua e de Linares Rivas.[1] Ata 2016 estivo rotulada oficialmente como praza de Orense.[2][3]
Historia
[editar | editar a fonte]Como outras prazas do Ensanche coruñés recibiu o nome dunha capital galega. Foi bautizada o 6 de outubro de 1876, o mesmo día que as prazas de Lugo e María Pita.[4]
No número 2 da praza tiña a súa residencia o tenor Miguel Fleta, e nela faleceu en 1938.[1]
Arquitectura
[editar | editar a fonte]Os edificios catalogados na praza de Ourense son:[5]
- Nº 1 e 3, obra de Faustino Domínguez Coumes-Gay (1889), fronte modificada pola construción dun edificio moderno.[6]
- Nº 9, edificio tradicional de 1936.
No interior da praza existe un arboredo tamén catalogado e sitúase ademais o quiosco atribuído ao arquitecto municipal Santiago Rey Pedreira (1953).[7] Ten 7,5 metros de diámetro e unha estrutura de formigón armado. Próximo ao quiosco hai un busto obra de Emilio de Madariaga en homenaxe ao médico Rodríguez levantado en 1933 cun pedestal de formas vangardistas.[8]
No número 11 da praza localízase a Delegación do Goberno en Galicia.[9]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Sede de Radio Coruña
-
Monumento ao médico Rodríguez
-
Sede da Delegación do Goberno en Galicia
-
Letreiro co nome oficial
-
Letreiro co nome Orense
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 García López, pp. 319-320
- ↑ A Coruña recupera a toponimia oficial para as súas rúas con 34 anos de atraso
- ↑ A Coruña adapta la toponimia de su callejero a la ley
- ↑ Fernández Camaño, José María. La Coruña vista desde sus libros de actas (en castelán). Vision Net. p. 204.
- ↑ "Modificación Pepri – Aprobación definitiva". Concello da Coruña. xaneiro de 2015. Consultado o 13 de febreiro de 2016.
- ↑ Alonso Torreiro, J. Luis. Los edificios de viviendas en la obra de Faustino Domínguez Coumes-Gay (en castelán). Consultado o 11 de agosto de 2015.
- ↑ "42 km, 42 edificios". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 02 de xaneiro de 2018.
- ↑ Fraga, Xosé A. (1-10-2017). "O médico de Monelos que chegou a ser unha das figuras máis populares da Coruña". La Opinión de A Coruña. Consultado o 2-1-2018.
- ↑ Delegación do Goberno en Galicia
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- García López, Alfonso (2009). Calles con historia (en castelán). A Coruña: Espacio Cultura. ISBN 978-84-938089-1-4.