Saltar ao contido

Rubén Castro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Rubén Castro Martín»)
Infotaula de personaRubén Castro

(2012) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de xuño de 1981 Editar o valor en Wikidata (43 anos)
As Palmas de Gran Canaria, España Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Altura174 cm Editar o valor en Wikidata
Peso72 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2000 Editar o valor en Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
2000-2001 UD Las Palmas Atlético 34(13)
2001-2004 Unión Deportiva Las Palmas 112(36)
2004-2005cesión Albacete Balompié 22(3)
2004-2010 Deportivo da Coruña 31(4)
2006-2006cesión Racing de Santander 1(0)
2007-2007cesión Gimnàstic de Tarragona 20(4)
2008-2009cesión Sociedad Deportiva Huesca 41(14)
2009-2010cesión Rayo Vallecano 42(14)
2010- Real Betis Balompié Editar o valor en Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
2002-2003   España sub-21 7(6) Editar o valor en Wikidata

UEFA: 70386 Editar o valor en Wikidata

Rubén Castro Martín, nado nas Palmas de Gran Canaria o 27 de xuño de 1981, é un exfutbolista español, que xogaba de dianteiro. É o futbolista con máis tempadas no fútbol profesional español (23),[1] e o máximo goleador da historia da Segunda División, con 195 goles, un máis que Nino.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar ao fútbol no Artesano, antes de ingresar na canteira da UD Las Palmas en idade alevín. Tras progresar polas diferentes categorías inferiores do club, debutou co primeiro equipo na Primeira División o 25 de febreiro de 2001, nun partido ante o Málaga na Rosaleda no que substituíu nos instantes finais a Antonio Guayre. Na seguinte campaña anotou fronte ao Real Madrid os seus dous primeiros goles como profesional. Saltou ao campo do Estadio Insular na segunda parte como substituto de Orlando Suárez, co marcador amosando un empate a dous goles, e deulle a vitoria ao seu equipo con dous tantos, o segundo deles cun espectacular lanzamento dende máis de 35 metros que sorprendeu a Iker Casillas.[3]

Marcou un total de 6 goles nesa tempada e 10 na seguinte, xa co equipo en Segunda División. Na tempada 2003/04 foi o máximo goleador da categoría de prata (22 dianas), pero os seus goles non evitaron o descenso do club da súa cidade natal á Segunda B.

Tralo segundo descenso co Las Palmas, foi contratado polo Deportivo da Coruña, nun acordo polo que tamén chegou á Coruña o centrocampista Momo. O acordo saldou a débeda que a UD Las Palmas contraera co club galego ao contratar ao arxentino Gabriel Schürrer. Na súa primeira campaña como xogador do Deportivo, saíu cedido ao Albacete, tamén en Primeira, co que disputou 22 encontros, anotando 3 goles.

A tempada 2005/06 disputouna co Deportivo, co que xogou un total de 33 partidos e marcou 8 goles, a metade deles na Copa Intertoto.

A comezos da tempada 2006/07, volveu ser cedido, esta vez ao Racing de Santander, pero debido á falta de oportunidades, abandonou o club cántabro antes da apertura do mercado invernal. O seu novo destino foi o Nàstic, onde comezou moi ben, con 3 goles nos seus primeiros 3 partidos, aínda que o club tarraconense descendeu ao final de tempada a Segunda División. Rubén regresou ao Deportivo na tempada 2007/2008, onde a súa participación foi pouco máis que nula.

Na tempada 2008/2009 xogou no SD Huesca, da Segunda División, onde chegou cedido novamente polo Deportivo.[4] Alí foi titular indiscutible e recuperou as súas boas cifras goleadoras, marcando un total de 14 tantos, cifras semellantes ás que obtivo na seguinte campaña, cedido no Rayo Vallecano (44 partidos e 15 goles).[5]

No verán de 2010 fichou polo Real Betis, tamén de Segunda. Na súa primeira campaña no club andaluz marcou 27 goles en liga, sendo o terceiro máximo anotador da categoría, aos que sumou 5 máis na Copa do Rei. Os seus goles foron unha das claves do ascenso do equipo de Pepe Mel á Primeira División.[6] Militou durante os seguintes tres anos na máxima categoría, con altas cifras goleadoras, pero non puido evitar o descenso na 2013/14, na que o equipo só sumou 25 puntos.[6]

Con todo, decidiu continuar no Betis a pesar da perda de categoría, e na seguinte campaña foi de novo o máximo goleador da Segunda División con 32 goles, contribuíndo a que o equipo regresase inmediatamente á máxima categoría.[6] Esa temapda converteuse ademais no máximo goleador da historia do club, superando os 94 tantos de Manuel Domínguez.[7] Xogou dous anos máis no club bético, antes de saír cedido en xullo de 2017 ao Guizhou da Superliga da China. Regresou ao Betis en xaneiro de 2018 e xogou neste uns meses máis ata que o deixou no verán de 2018, despois de 147 goles en 290 partidos.

A continuación regresou á súa illa natal e á UD Las Palmas, club no que xogou durante as seguintes dúas campañas na Segunda División, marcando un total de 30 goles. Entre 2020 e 2022 militou no FC Cartagena, conseguindo números goleadores aínda máis altos (39 goles en 84 encontros).

Finalmente, na tempada 2022/23 fichou polo Málaga. Co equipo andaluz xogou a súa 23ª campaña na Segunda División e conseguiu 10 goles, superando a Nino como o máximo goleador da historia da competición (195 goles).[8]

Os seus irmáns Álex e Guillermo foron tamén futbolistas.

  1. "Ranking Temporadas Primera y Segunda División". BDFutbol (en castelán). Consultado o 29 de marzo de 2022. 
  2. "Ranking Goles Segunda División". BDFutbol (en castelán). Consultado o 29 de marzo de 2022. 
  3. R. Moreno, Diego (22 de agosto de 2024). "¿Recuerdas el gol de vaselina de Rubén Castro a Casillas?" (en castelán). Consultado o 22 de agosto de 2024. 
  4. "El Huesca ficha a Rubén Castro". archivo.marca.com (en castelán). 19 de xullo de 2008. Consultado o 18 de setembro de 2021. 
  5. Acordo definitivo para a cesión de Rubén Castro ao Rayo Vallecano
  6. 6,0 6,1 6,2 "El recuerdo de Rubén Castro" (en castelán). 25 de abril de 2024. Consultado o 22 de agosto de 2024. 
  7. "Leyenda Rubén Castro" (en castelán). 6 de decembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 4 de marzo de 2016. Consultado o 22 de agosto de 2024. 
  8. "Rubén Castro ya es el jefe de las balas de Plata". Marca (en castelán). 24 de abril de 2023. Consultado o 22 de agosto de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]