Sartaq
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido |
Morte | 1257 |
Khan (título) Horda de Ouro | |
1255 – 1256 ← Batu – Ulagueche (pt) → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Horda de Ouro |
Relixión | Nestorianismo |
Actividade | |
Ocupación | Khan (título) |
Outro | |
Título | Khan (título) |
Familia | Chingissid (en) |
Fillos | Ulagueche (pt) , Feodora Sartakovna (en) |
Pais | Batu e Borakchin Khatun (en) |
Irmáns | Toqoqan (pt) |
Sartaq Khan, finado en 1256 foi o terceiro caudillo da dinastía de Jochi, o primoxénito de Xenxis Kan
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Batu Khan, sucedeuno á fronte da Horda de Ouro. Con anterioridade, por encargo do seu pai, acompañara, á fronte dos exércitos co seu tío Berke, a Mongke, para que este fose recoñecido como Gran Khan en Mongolia. No kurultai de Kodoe Aral, as dinastías de Ögödei e Chagatai foron desprazadas do poder intimidadas polos forzas de Sartaq e Berke.
Nomeou a Alexandre Nevski Gran Duque de Vladímir e tivo con el unha especial relación de irmandade. Sartaq converteuse ao cristianismo e mandou mensaxes amigables ao papa Inocencio IV. Isto determinou que os mongois abandonaran o vello proxecto de Ögödei de destruír a cristiandade occidental.
Sospéitase que foi envelenado por encargo do seu tío Berke quen, pola súa vez, se convertera ao islam. Tras o breve reinado de Ulaqchi, Berke faríase co dominio dos estados mongois occidentais.